Caballero di que a Media Maratón de Vigo, este domingo dende o Vao, é para deportistas "con certo arroxo"
A Media Maratón de Vigo disputarase este domingo con nova organización (Diesemm) e un percorrido lineal dende O Vao (rúa Canido, fronte ao campo do Coruxo FC) ata Sanjurjo Badía e rematando en Montero Ríos, á altura do Real Club Náutico de Vigo.
Así o avanzou o alcalde de de Vigo, acompañado polo edil de Deportes, Manel Fernández, un representante da organización, Adrián Rubio, e Luis González, director xeral de Vitrasa. Abel Caballero lembrou que "son máis de 20 quilómetros e para facer isto xa hai que ter un certo arroxo", explicou. O rexedor indicou que esta media contará con tres modalidades: individual, por relevos de dous e de catro atletas. "É unha proba de gran fortaleza", subliñou.
Caballero, que insistiu en que "sempre encomiamos na cidade o que significa o 'running', esta cultura de vida saudable", tamén incidiu en que "ademais imos facer nosa propia proba do sistema de desconto e da compra online aos efectos dos nosos buses turísticos e de ir perfeccionando a nosa formulación da Pass Vigo". Vitrasa porá un servizo dende A Laxe (á altura do Hotel Bahía) ás praias do Vao (8:45) e da saída do 10.000 na Fonte (9:45) e outro de regreso (12:30) para quen deixou o seu vehículos nos arenais. Nestes casos poderase abonar coa Pass Vigo.
Cuns 1.100 atletas para o domingo (900 a día de hoxe), a saída da media maratón está fixada para as 10:00 horas, mentres que sesenta minutos despois e dende A Fonte competirán os inscritos na 10K, denominada Vigo Rías Baixas.
"É unha carreira lineal e evitamos as voltas a un mesmo circuíto para que se percorra a cidade de extremo a extremo. Pasaremos por diferentes barrios e parroquias (Coruxo, Alcabre, Samil, Bouzas, O Berbés...)", manifestou Rubio dende a organización. Ademais haberá outra novidade: "Pasaremos polos túneis de Beiramar". O seu obxectivo, "facer unha media que comece e termine na cidade e se convirta nunha das carreiras de referencia en España".
Descargar todas as imaxes