O alcalde ofrece solo vigués á ministra de Industria para a instalación dunha fábrica de baterías
Abel Caballero e o delegado especial de Zona Franca reuníronse este mércores en Madrid con Reyes Maroto a quen lle trasladaron a disposición da cidade para acoller a factoría dun grupo chinés. Amais, o rexedor tratou coa ministra a situación de Barreras.
"En Vigo hai solo de Zona Franca de forma inmediata e a medio prazo aínda máis, polo tanto estamos nunha situación competitiva da maior entidade", declarou o alcalde trala reunión celebrada en Madrid coa ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto.
No encontro, no que tamén participou o delegado especial de Zona Franca en Vigo, David Regades, o rexedor presentou á cidade como "opción para instalar unha fábrica baterías" dun grupo empresarial chinés por estar "ben comunicada para a exportación por mar e con capacidade de produción de automóbiles e pezas de coches extraordinaria". Engadiu que desde Vigo "imos estar falando coa industria e a automoción viguesa para estes novos proxectos tecnolóxicos e a súa ubicación".
Caballero e Regades ofreceron conxuntamente solo vigués para a instalación desta factoría e comprometéronse a "presentar proxectos e mobilizar a industria do automóbil porque un dos grandes polos deste sector está en Vigo", citando por exemplo o traballo do CTAG como "o grande centro de investigación do automóbil".
Situación de Barreras
Abel Caballero tamén abordou con Reyes Maroto, a situación do estaleiro Barreras, con 1.500 traballadores, e da necesidade de que se "reactive" a súa actividade para rematar a construción dun dos cruceiros máis importantes do mundo para Ritz Carlton por valor de 250 millóns de euros. "É competencia exclusiva da Xunta de Galicia que non exerce a súa función e queremos participar no proceso de relanzamento de Barreras", apuntou.
Descargar todas as imaxes