Benestar Social pon en marcha o primeiro programa integral de inclusión social con dous pisos de acollida

xoves, 25 xuñ 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves o primeiro programa municipal de transición á vida autónoma co que conta a cidade de Vigo. Esta iniciativa consiste na posta en marcha de dous novos pisos de acollida para 13 persoas en risco social ou que xa están excluidas socialmente e no seguimento por parte de profesionais para conseguir a súa plena integración social.

Benestar Social oferta ata 210 prazas no primeiro programa de campamentos de verán para persoas con discapacidade

xoves, 18 xuñ 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este xoves que o primeiro programa de campamentos de verán para persoas con discapacidade que organiza o Concello de Vigo oferta ata un máximo de 210 prazas. A edil explicou que esta iniciativa, denominada "Verán de lecer" e dirixida a persoas con discapacidade empodroadas no Concello de Vigo de máis de 6 anos, se desenvolverá no mes de xullo no Colexio Saladino Cortizo e nos mes de agosto nas instalacións de APAMP.

O tenente de alcalde asina convenios con entidades sociais por valor de 120.000 euros e anuncia que se reforzarán os orzamentos de Benestar Social

mércores, 17 xuñ 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, asinaron este mércores tres convenios de colaboración cos responsables da Asociación Afán, o Comedor da Esperanza e os Hermanos Misioneros por un importe total de 120.000 euros. Segundo explicou o tenente de alcalde, estes convenios teñen o obxectivo de axudar a estas entidades na atención aos máis desfavorecidos e paliar os efectos da crise. Santi Domínguez adiantou que o vindeiro ano se reforzarán os orzamentos de Benestar Social.

Santi Domínguez inaugura o primeiro Centro Municipal de Servizos Sociais, que atenderá a 75.000 persoas

xoves, 11 xuñ 2009

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron este xoves en Coia o primeiro Centro Municipal de Servizos Sociais construido nun distrito da cidade. Este novo centro, que atenderá unha poboación de 75.000 persoas, aglutina as unidades básicas de atención social de Coia, Castrelos, Navia e Litoral, cumprindo así o obxectivo subliñado polo tenente de alcalde de "descentralizar os servizos municipais, achegándoos á cidadanía".

Abre a novena edición da campaña "De boa man"

martes, 2 xuñ 2009

A Concellería de Benestar Social desenvolve a campaña "De Boa Man", na súa IX edición os días 2,3,4 e 5 de xuño de 2009. O proxecto consiste na instalación de tres carpas na rúa Príncipe, onde oito asociacións de persoas con discapacidade exporán e venderán os productos que realizan.

A rúa de Príncipe acollerá o venres unha exposición sobre o Día Mundial sen Tabaco e un posto informativo

mércores, 27 mai 2009

Con motivo do Día Mundial sen Tabaco, que se celebra o 31 de maio, o Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo e a Unidade de Alcoholismo "Asvidal" instalarán este venres, 29 de maio, un posto informativo e unha exposición de carteis históricos desta conmemoración na rúa do Príncipe, ao carón da sucursal do Banesto, entre ás 11 e ás 13:30 horas.<br />

María Méndez anuncia que o centro de emerxencia pechará o venres e urxe a abrir a Gota de Leite

martes, 12 mai 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este martes balance do dispositivo temporal de emerxencia social aberto o 15 de xaneiro e explicou que o centro atendeu neste tempo a un total de 186 persoas distintas, cunha media de 30 persoas ao día, e un total de 3.000 pernoctacións. Asemade, a concelleira sinalou que este dispositivo pechará o 15 de maio, polo que urxeu ao novo Goberno da Xunta a abrir as instalacións coñecidas como Gota de Leite, onde xa remataron as obras.

Benestar Social incrementa un 20% o orzamento das axudas para comedor e libros

venres, 24 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este xoves que o orzamento das axudas municipais para comedor e libros experimenta un incremento do 20% para o vindeiro curso 2009/2010, ao pasar de 400.000 a 460.000 euros. A edil salientou en rolda de prensa que con esta medida e nunha época de crise como a actual "esperamos que ningún escolar quede en lista de agarda se cumpre todos os requisitos".

Benestar Social convoca 400 prazas no programa de Balnearios para mellorar a saúde dos maiores

martes, 21 abr 2009

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este martes que este ano o Programa de Balnearios convoca 400 prazas, 25 máis que no 2008, e incorpora a posibilidade de recibir tratamento no Talaso Atlántico. A edil sinalou que esta actividade, que o Concello de Vigo ofrece conxuntamente coa Deputación de Pontevedra, ten como obxectivo "mellorar a calidade de vida das persoas maiores e a súa saúde".<br />