O alcalde recibe ao embaixador de México en España

sábado, 20 xul 2024

Abel Caballero recibiu na Alcaldía ao embaixador de México, Quirino Ordaz Coppel, que visitou hoxe a cidade de Vigo. Ambos mandatarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron temas de interese social e económico tanto para México como para a sociedade viguesa, así como para os numerosos mexicanos que residen en Vigo. Tamén exploraron a posibilidade de seguir colaborando mutuamente para dar resposta aos retos e desafíos do futuro. O rexedor aproveitou para explicarlle a historia de Vigo con aspectos relevantes como a evolución do Casco Vello, a Panificadora e as Illas Cíes.

O alcalde recibe ao bispo saínte, Don Luis Quinteiro Fiuza

xoves, 18 xul 2024

Abel Caballero recibiu este xoves a don Luis Quinteiro Fiuza para despedirse unha vez deixou o cargo de bispo na Diocese Tui-Vigo. O alcalde eloxiou o seu labor á fronte da institución clerical e a súa preocupación sempre pola cidade. "Quinteiro Fiuza seguirá en Vigo e traballando pola cidade", afirmou o rexedor.

O alcalde recibe a alumnas chinesas que realizan un programa de inmersión na cidade

mércores, 17 xul 2024

Abel Caballero saudou esta mañá a un grupo de estudantes chinesas que participan en Vigo nun programa de inmersión organizado por Synergy Didactic. Trátase dun proxecto piloto, tras os anos da pandemia do Covid, na que colaboran coa Universidade de Estudos Internacionais de Beijing e a Universidade de Comunicación de China. O rexedor deulle a benvida á cidade, colaborou cun dos traballos que realizan respondendo ao cuestionario sobre a cidade e a súa traxectoria.

O Concello garante ao Celta o uso do estadio de Balaídos ata 2080 coa cesión dunha parcela na grada de Río

mércores, 17 xul 2024

O presidente de Zona Franca anunciou o acordo adoptado hoxe polo pleno do Consorcio, polo que o Concello de Vigo ampliará durante 49 anos, a partir de 2031, o dereito de superficie dunha parcela sobre a que está asentada a bancada de Río do Estadio Municipal de Balaídos. A decisión é un dos pasos previos á sinatura do convenio co Real Club Celta, que "terá un longo prazo de vixencia", como indicou o rexedor.

Caballero enxalza a Festa da Vieira de Cambados que terá lugar a próxima fin de semana

luns, 15 xul 2024

O alcalde de Vigo enxalzou este luns, ante a primeira tenente de alcaldía Carmela Silva, o alcalde de Cambados, Samuel Lago; os concelleiros Tino Cordal e José Ramón Costa, e os representantes da Confraría de Pescadores e da Asociación de Comerciantes, Javier Millos e Juan Rey, a degustación das vieiras que terá lugar os días 19, 20 e 21 de xullo na localidade pontevedresa con motivo da XX edición da Festa da Vieira. “Trátase dunha degustación excepcional”, afirmou.