Todos os usuarios de Alento recibirán do Concello o recoñecemento persoal como Vigueses Distinguidos
O alcalde comunicou este martes á directiva e aos usuarios da Asociación Alento de Dano Cerebral que o Concello de Vigo, ademais de recoñecer o traballo diario que realiza a organización sen ánimo de lucro desde hai 25 anos coa concesión da distinción como "Vigueses Distinguidos", entregará un diploma nominal a cada unha das persoas que reciben atención no centro. "É o recoñecemento á calidade pola atención e polo afecto", recalcou Abel Caballero ante beneficiarios, familiares e persoal.


