martes, 18 mar 2025
O alcalde avanzou que o vindeiro xoves, 20 de marzo, terá lugar o Pleno Municipal de aprobación da concesión das medallas e títulos de Viguesas e Vigueses Distinguidos deste 2025.
martes, 18 mar 2025
O alcalde comunicou este martes á directiva e aos usuarios da Asociación Alento de Dano Cerebral que o Concello de Vigo, ademais de recoñecer o traballo diario que realiza a organización sen ánimo de lucro desde hai 25 anos coa concesión da distinción como "Vigueses Distinguidos", entregará un diploma nominal a cada unha das persoas que reciben atención no centro. "É o recoñecemento á calidade pola atención e polo afecto", recalcou Abel Caballero ante beneficiarios, familiares e persoal.
martes, 18 mar 2025
O Concello dedica este ano preto de seis millóns de euros ao mantemento dos colexios públicos e escolas municipais de Vigo, segundo sinalou hoxe o alcalde de Vigo ao indicar que só ao servizo de prevención e control da lexionela se destinan 182.000 euros ata abril de 2028.
martes, 18 mar 2025
Abel Caballero mantén mañá mércores un encontro co presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia.
martes, 18 mar 2025
Abel Caballero animou hoxe aos primeiros 275 alumnos e alumnas de quinto e sexto de Educación Primaria e de primeiro e segundo de Educación Secundaria, que participan no Auditorio Municipal na primeira das tres xornadas "Vigo, entre notas e versos", a afondar no coñecemento da obra dos autores seleccionados polo escritor Antonio García Teijeiro e o intérprete musical Alberto Cunha. A iniciativa didáctica, organizada con motivo da celebración, o día 21, do Día Mundial da Poesía, achegará ao alumnado de Vigo, desde hoxe ata o xoves 20, a autores emblemáticos como García Lorca ou Rosalía de Castro.
martes, 18 mar 2025
O alcalde puxo en valor a "rehabilitación excepcional" do edificio polo que quere “que toda a cidade o coñeza”, a través das visitas guiadas que organiza o goberno municipal.
martes, 18 mar 2025
Os 38 alumnos de sexto de Educación Primaria do CEIP Frián que percorreron hoxe as instalacións municipais, dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello", tras ser recibidos na lonxa polo alcalde e a concelleira de Educación, foron informados por Abel Caballero sobre a incidencia das decisións que se adoptan no Concello polo Goberno en todas as facetas das actividades de Vigo, desde a limpeza das rúas ás becas escolares. O rexedor animou ao estudantado a prepararse e estudar para ocuparse no futuro do benestar da cidadanía de Vigo.
martes, 18 mar 2025
O alcalde saudou este martes aos 44 alumnos de sexto de primaria do CEIP plurilingüe O Pombal que, dentro do programa educativo "Aventura no Vigo Vello- Reconquista 2025", profundaron os seus coñecementos na historia de Vigo visitando os puntos chave onde en 1809 a cidadanía de Vigo recuperou a cidade do dominio das tropas napoleónicas. Caballero animou ao estudantado a gozar do itinerario histórico que rememora unha importante xesta protagonizada pola cidadanía viguesa. O Concello programou 20 visitas ao Casco Vello no que participarán 1.000 alumnas e alumnos.