O Goberno de España dá un paso máis na conexión de Alta Velocidade entre Vigo e Madrid
Abel Caballero mantén mañá mércores un encontro co presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia.

O alcalde da cidade explicou esta mañá que o Ministerio de Transportes “xa enviou" á Avogacía do Estado o prego de licitación da redacción do estudio informativo complementario da conexión entre Vigo e Madrid por Cerdedo. Unha vez informado, “o documento pasará á Intervención Xeral do Estado e teremos tempos e prazos”.
Caballero explicou que na reunión técnica do pasado 19 de febreiro, dende Transportes “quedaron en manternos informados” dos avances do proxecto da liña ferroviaria Vigo-Madrid por Cerdedo. Tamén avanzou que mañá manterá un encontro co presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, “para analizar os tempos de viaxe no trazado actual”.