mércores, 7 xuñ 2023
O rexedor estivo acompañado neste evento polo delegado do Estado na Zona Franca, David Regades e a presidenta de Aproema, Arancha Mañas. Este ciclo, constará de tres eventos, co obxectivo promover a adopción de prácticas sostibles no ámbito industrial e fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre os profesionais do sector.
mércores, 7 xuñ 2023
Abel Caballero reuniuse esta mañá coa presidenta da asociación, María Isabel Perelló Domenech, que quixo informalo sobre este evento, que terá lugar en Vigo entre o 19 e o 21 de outubro deste ano. Na xuntanza participaron tamén Luis Felipe, secretario da Asociación de Letrados do Tribunal Constitucional e Juan Antonio Hernández, membro da entidade e Catedrático da Universidade de Vigo
martes, 6 xuñ 2023
O alcalde, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o delegado de Zona Franca, David Regades, visitaron o mercado onde centros educativos de toda a provincia expuxeron dezaseis proxectos cooperativos creados no marco do “Depoemprende”. O obxectivo deste programa do ente provincial é a promoción da cultura emprendedora nas aulas mediante a familiarización e integración dos elementos da xestión empresarial.
venres, 2 xuñ 2023
A mostra permanecerá nas instalacións do Porto de Vigo ata o domingo 4 maio. O rexedor valorou o seu traballo ao longo destes anos, nos que os técnicos especialistas actuaron na desactivación de 282 artefactos reais improvisados e 5.702 artefactos reais convencionais.
xoves, 1 xuñ 2023
Un grupo de vinte estudantes de intercambio do programa Erasmus do IES Alexandre Bóveda visitou este xoves o Concello para coñecer as instalacións municipais. Ademais puideron manter un encontro con Abel Caballero que os achegou á historia da cidade e que lles falou sobre o presente de Vigo e as oportunidades de ocio e turismo que ofrece.
xoves, 1 xuñ 2023
O Consorcio da Zona Franca de Vigo repasa os seus 75 años de historia cunha mostra situada na rúa do Príncipe, diante do Marco e que poderá visitarse durante este mes de xuño. Esta é unha das actividades que o prepara a entidade para conmemorar o aniversario e que culminarán co Vigo Global Summit, un congreso económico o 27 e 28 de xuño, que contará coa asistencia de dous premios Nobel de Economía: Paul Krugman e Abhijit Banerjee. O alcalde, acompañado do delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades, visitou este xoves a mostra.
xoves, 18 mai 2023
O alcalde abriu a sesión do evento organizado pola Fundación AXA na que deu a coñecer a percepción cidadá do cambio climático. Abel Caballero sinalou a importancia do medioambiente como eixo fundamental nas políticas que aplica o Concello. Desde xeito, explicou como Vigo está a transformar a mobilidade con ascensores, escaleiras e ramplas mecánicas e a incorporación do carril bici ás rúas da cidade: "Este é o sistema", concluíu. En canto ao urbanismo das cidades, falou da importancia dos centros de proximidade, "cidades de 10 ou 15 minutos", para as que, segundo explicou, "hai que insistir no pequeno e mediano comercio, facer lugares de ocio e puntos de encontro para que a cidade sexa atractiva", concluíu.
luns, 15 mai 2023
Krugman e Banerjee estarán no Auditorio Mar de Vigo o 27 e 28 de xuño coincidindo co 75 aniversario do Consorcio. A empresaria Bisila Bokoko ou Pedro Siza, exministro de economía de Portugal, tamén estarán entre os líderes de opinión que se reunirán no congreso, que terá conferencias e mesas redondas nas que se analizarán os principais desafíos mundiais
venres, 12 mai 2023
Abel Caballero participou na conmemoración do Día de Europa celebrado pola Axencia Europea do Control da Pesca (EFCA) no Museo do Mar. O 9 de maio celébrase a paz e a unidade no continente, data histórica da declaración de Schuman na que se considera que comezou o que hoxe coñecemos como Unión Europea. O alcalde puxo en valor a UE, desde o inicios ata a actualidade. Aproveitou a ocasión para instar "ao diálogo" nos temas relativos á pesca e afirmou a importancia da Europa que está a investir cos fondos Next Generation EU.
xoves, 11 mai 2023
Abel Caballero mantivo un encontro este xoves coa organización das XXVI Xornadas da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria que se desenvolverá os días 29 e 30 de setembro na cidade baixo o lema “Exerzamos como galegos”. Clara Guede, presidenta da Comité Organizador; Xiana Rodríguez e Marta López trasladáronlle ao rexedor as dificultades que atravesa a Atención Primaria ante a falta de persoal e de renovación dos profesionais, polo que, con este encontro queren, entre outros fins, volver ilusionar aos médicos de familia.