xoves, 17 ago 2023
A actriz recolleu a placa nun acto no Pazo de Castrelos. Abel Caballero louvou o papel de Castro “tanto no profesional como no persoal por levar Vigo no corazón”. Caballero destacou o seu papel na serie “La promesa” de RTVE e toda a súa traxectoria artística. María Castro recibiu a distinción de Viguesa Distinguida emocionada e rodeada de familiares e amigos.
xoves, 10 ago 2023
O rexedor acompañado da tenente de alcalde, Carmela Silva, e os organizadores do evento, achegouse esta mañá ata a zona de Samil, onde este ano se instalarán cinco probas do festival O Marisquiño. O alcalde puido falar cos primeiros deportistas que xa están na cidade para participar no evento que se desenvolve na cidade o 11, 12 e 13 de agosto. "Moitos son deportes olímpicos e veñen a facer as súas marcas para participar nas Olimpiadas. Este evento supera as 100.000 personas. A afluencia é masiva na cidade. É o evento máis importante que se fai en Europa", declarou.
mércores, 9 ago 2023
Abel Caballero explicou hoxe que "os socorristas estarán dende as 11:00 da mañá, unha hora antes do habitual" debido a elevada afluencia que terá O Marisquiño en Samil. Ademais dende o venres a praia de Samil contará con 2 enfermeiras, dispositivo habitual só para as fins de semana. O rexedor sinalou que é unha medida máis "que realizamos dende o Concello para que a celebración do Marisquiño sexa un éxito".
martes, 8 ago 2023
O Nadal de Vigo da un paso máis e, tal e como declarou o alcalde, a delegación conformada polos edís responsables do evento servirá “para que medre o Nadal en toda a cidade e minimizar efectos colaterais que poidan xerar algunha dificultade”.
venres, 4 ago 2023
Un dos xornais máis prestixiosos do mundo, o británico The Times, sinala a Vigo como unha cidade ideal por su clima, a gastronomía e a educación de calidade. “Puxemos Vigo no mapa”, afirma Abel Caballero.
xoves, 3 ago 2023
O rexedor mantivo unha xuntanza con Ramiro Rodríguez Bausero na Alcaldía na que acordaron cooperar no fomento da cultura de Uruguai na cidade. En agosto o consulado organizará unha batukada que atraerá persoas de toda Galicia e España, cun desfile desde o Paseo Alfonso ata a Porta do Sol. "Asumo con entusiasmo a colaboración", manifestou o alcalde.
luns, 31 xul 2023
O alcalde di que “facilitará ao máximo” a utilización dos voos de Vigo desde Lavacolla durante a obra de remodelación da pista que acometerá Aena o próximo ano.
xoves, 20 xul 2023
O alcalde avanzou que as reservas para a platea do Auditorio de Castrelos quedarán a disposición do público, de forma presencial e na web www.vigoenfestas.com, este venres 21 de xullo.
mércores, 19 xul 2023
O primeiro edil vigués recibiu hoxe a Miquel Molins (Presidente da Fundación Banco Sabadell); Adolfo García (Director institucional) e a Pablo Junceda (Dirextor Xeral de Sabadell Gallego). Nesta visita os responsables da Fundación Sabadell trasladáronlle o rexedor que se realizará o acto de entrega do "Premio Nacional a la Sostenibilidade Mariña 2023" na cidade de Vigo o vindeiro 15 de novembro de 2023. Na súa II edición quere recalcar o seu compromiso co apoio e o fomento á formación e a investigación neste ámbito.
martes, 18 xul 2023
O alcalde e o embaixador de Austria, Enno Drofenik, mantiveron una xuntanza de cortesía na Alcaldía. Ambos os dirixentes puxeron en común cuestións relevantes como a cultura: "Viena é referente no ámbito cultural e da música. Tivemos a idea de facer cooperación neste ámbito, tamén con Francia e Irlanda, co obxectivo de estar na cooperación da música de distintos países", expresou Caballero.