Vigo estrea sede do Goberno de España na cidade
O alcalde celebra a presenza do Goberno de España na cidade materializada nunha nova sede na rúa Oporto 3. Zona Franca e Goberno de España asinaron o acordo que materializa esta cesión. Abel Caballero manifestou que hoxe "é un día importante" para a cidade por contar cun novo punto de referencia e relación das empresas, administracións e cidadanía co Goberno do Estado.
