martes, 8 abr 2025
O alcalde avanzou este martes que o Servizo de Teleasistencia do Concello de Vigo atendeu a 772 persoas no pasado mes de marzo.
martes, 8 abr 2025
O bus turístico volverá estar operativo esta Semana Santa, desde o sábado 12 ata o domingo 20 de abril, cun percorrido polos principais puntos de interese da cidade, segundo anunciou este martes o alcalde.
martes, 8 abr 2025
As probas serán o sábado 12 e domingo 13 de abril con base na ETEA. Medio milleiro de deportistas de Canarias, Baleares, Valencia, Cataluña, Cantabria, Asturias, Euskadi, Castela e León, Madrid, Andalucía, Ceuta e Galicia participarán esta fin de semana no Trofeo Concello de Vigo de Piragüismo.
martes, 8 abr 2025
O alcalde invitou aos 247 estudantes do CPR Possumus, do CEIP Seis do Nadal, do CEIP A.R. Castelao, do CEIP A Paz Tintureira e do CEIP Igrexa Valadares, a gozar do concerto didáctico organizado este martes pola Escola Municipal de Música folk e Tradicional (E-TRAD) no Auditorio Municipal. O Concello organiza ata o xoves un ciclo de concertos para alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria de 24 colexios da cidade co que dar a coñecer a cultura musical e instrumental galega así como o labor da escola municipal. “Gozade da música tradicional galega do Rural Sons, magníficamente interpretada" sinalou o alcalde .
martes, 8 abr 2025
Caballero recibiu con agrado a proposta do Balonmán Seis do Nadal, que manifestou a importancia que tería para o equipo vigués xogar a fase de ascenso á Liga Nacional na súa cidade. "O equipo masculino vai participar na fase de ascenso á categoría Nacional e eu quero darlles todo o apoio para que a fase de ascenso sexa en Vigo, desde o Concello pagariamos a cota á Federación. Cremos que ten un gran interese para o Seis do Nadal e que continúen tanto os equipos masculinos e femininos cos seus ascensos", afirmou en rolda de prensa.
martes, 8 abr 2025
Os 50 alumnos do Colexio Compañía de María que participan este martes no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello- Reconquista 2025", organizado polo Concello para que os escolares de Vigo avancen no coñecemento dun dos episodios máis importantes de Vigo, foron animados por Abel Caballero a gozar dunha actividade coa que percorren os principais enclaves da xesta, así como a interesarse pola historia da cidade. Desde o xoves 27 de marzo, preto de 1.000 escolares de quinto e sexto de Educación Primaria participaron das visitas teatralizadas coa interpretación do alcalde Vázquez Varela, o militar napoleónico Pierre da Pierre e a taberneira Xoana Rial.
martes, 8 abr 2025
O alcalde recibiu hoxe, coa concelleira de Educación, aos 40 estudantes de segundo de Educación Secundaria do IES Castelao que percorren as instalacións municipais dentro do programa didáctico "Visita o teu Concello". Caballero, ademais de escoitar as disintas propostas para a cidade expostas polo alumnado, referiuse aos numerosos servizos que presta o Concello á cidadanía para garantir o seu benestar, así como a importancia da administración municipal para todos os vigueses.