Un servizo especial de autobuses facilitará a saída do partido da Selección Absoluta Feminina
O alcalde anunciou hoxe un servizo extraordinario de autobuses para facilitar o regreso do partido que a Selección Absoluta Feminina vai disputar mañá en Balaídos. Serán tres as liñas dispostas a partir das 20,45 horas, cando está previsto que remate o encontro.

Con motivo do partido que a Selección Absoluta Feminina disputará este martes 8 de abril no estadio municipal de Balaídos, activarase un dispositivo especial de transporte urbano ao remate do encontro para facilitar a volta a casa da afección.
O obxectivo desta iniciativa é facilitar o regreso de maneira rápida e segura, ampliando o servizo a máis zonas da cidade e mellorando os tempos de traxecto. Para iso, ao finalizar o partido, disporanse tres liñas especiais que partirán desde Balaídos e cubrirán os principais barrios de Vigo:
- Río: Estadio – Castrelos – Praza América – Gran Vía – Pizarro – Travesía de Vigo – Buenos Aires – Sanjurjo Badía – García Barbón (cruce con Isaac Peral).
- Marcador: Estadio – Manuel de Castro – Martín Echegaray – Castelao – Praza América – Camelias – Venezuela – Urzáiz – República Arxentina – García Barbón – Isaac Peral – San Lourenzo – Travesía de Vigo – Jenaro de la Fuente – Martínez Garrido.
- Gol: Estadio – Manuel de Castro – Avda. Florida – Teixugueiras – Limpiño – Tomás Paredes – Camilo Veiga – Tomás Alonso – Praza Eugenio Fadrique – Torrecedeira – Berbés – Cánovas del Castillo – Reconquista – Policarpo Sanz – Colón – Urzáiz – Travesía de Vigo – Gregorio Espino.
Este operativo especial activarase ao remate do encontro, previsto para arredor das 20,45 h.