luns, 7 abril 2025

O alcalde visita o novo cruceiro dedicado á "Xente de Coia"

luns, 7 abr 2025

Abel Caballero visitou este luns, cos concelleiros Carmela Silva e Ángel Rivas, o novo cruceiro instalado na Praza da Consolación, xunto á parroquia de San Martín, que foi creado pola Escola de Cantería de Galicia coa colaboración da Deputación de Pontevedra durante a presidencia da actual primeira tenente de alcaldía. O monumento inclúe unha dedicatoria á "Xente de Coia".

Caballero felicita aos equipos sénior do Seis do Nadal de balonmán

luns, 7 abr 2025

O alcalde recibiu ás integrantes do equipo sénior de balonmán feminino Seis do Nadal que ascendeu de xeito directo á Primeira División Autonómica tras ser campioas de Liga. Tamén estiveron no Concello os membros do equipo masculino, campión da máxima categoría autonómica e da Copa Federación e que loitará por ascender a categoría Nacional. Abel Caballero felicitou ás xogadoras e xogadores e animounos a seguir medrando co deporte, co nome de Seis do Nadal de Coia e de Vigo. Os membros de ámbolos equipos recibiron unha medalla co seu nome serigrafiado como premio e recoñecemento aos seus logros.

O Concello ondea a bandeira do pobo xitano que conmemora o seu día internacional o 8 de abril

luns, 7 abr 2025

Abel Caballero mantivo unha xuntanza coa Fundación do Secretariado Xitano de Vigo e Galicia na que fixeron entrega da bandeira do pobo xitano que xa ondea na Praza do Rei. O goberno local outorga unha subvención de 18.000 euros á Fundación para programas de inclusión sociolaboral. O programa Acceder serviu no 2024 de apoio a 122 persoas de etnia xitana que conseguiron un contrato laboral, das cales o 55% foron mulleres. O 8 de abril conmemórase o Día Internacional do Pobo Xitano, na que se recorda o primeiro Congreso Mundial romaní celebrado en Londres en 1971, onde se instituíu a bandeira e o himno deste pobo. Amais, este ano 2025 conmemórase o 600º aniversario da chegada das persoas xitanas á península ibérica. Na actualidade, o 8 de abril é unha xornada na que se reivindica o seu dereito ao recoñecemento e á igualdade.

Alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participa na primeira sesión didáctica de música folk

luns, 7 abr 2025

O alcalde saudou aos 275 estudantes que asistiron ao concerto didáctico organizado pola Escola municipal de música folk e tradicional (E-TRAD) no Auditorio Municipal. O Concello organiza durante esta semana un ciclo de concertos para alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria de diferentes colexios da cidade e dar a coñecer a cultura musical e instrumental galega así como o labor que fan nesta escola municipal. "Gozade da música e aprendede do profesorado da E-TRAD, que son magníficos", dixo o rexedor.

As alumnas do Colexio As Acacias percorren os enclaves da Reconquista co programa "Aventura no Vigo Vello"

luns, 7 abr 2025

O alcalde recibiu este luns ás 47 alumnas do Colexio As Acacias que participan na visita didáctica do programa municipal "Aventura non Vigo Vello-Reconquista 2025", animándolles a interesarse por coñecer a historia da cidade e especificamente por un dos episodios de maior transcendencia como consecuencia de que en 1809 a cidadanía de Vigo liderou o inicio da expulsión de España das tropas napoleónicas. Ata o próximo día 11 de abril preto de 1.000 escolares percorrerán, con visitas teatralizadas, os puntos craves do centro histórico de Vigo onde tivo lugar A Reconquista.