xoves, 10 abr 2025
O goberno local abre o proceso de licitación para a substitución da cuberta da grada do campo de fútbol de Samil por un importe de 130.780 euros. Amais, Abel Caballero avanzou que “imos instalar tres cortinas motorizadas de separación” no pavillón de Quirós.
xoves, 10 abr 2025
O goberno municipal prorroga durante un ano o contrato do “Programa Socio-Educativo e de Apoio Familiar” que atende a 390 familias. O importe do servizo ascende a 838.000 euros, segundo avanzou hoxe o alcalde. A este acordo hai que sumar o visto e prace a 97 axudas de emerxencia por un valor superior aos 27.000 euros. “Vigo é a cidade de España coa máis importante política social”, sinalou.
xoves, 10 abr 2025
O Verbum acolleu este xoves o 14º Congreso da Unión Comarcal de UGT Vigo onde arredor de 100 delegados elixen unha nova executiva. Abel Caballero saudou ás persoas participantes e chamou á “conciencia colectiva do que representamos a UGT” poñendo en valor o traballo do sindicato que “é máis necesario ca nunca ante a chegada do fascismo”, que volve estar presente nalgúns gobernos. Por iso, apuntou, que “estamos chamados a coller o mundo e trazalo coas bases dos homes e mulleres que traballan”.
xoves, 10 abr 2025
Abel Caballero alentou este xoves aos 281 alumnos dos CEIP Lope de Vega, Igrexa Candeán, Sobreira Valadares, Vicente Risco e Virxe do Rocío, que participan no último concerto do programa municipal "Ruralsóns. As músicas do calendario", non só a interesarse pola música tradicional galega, senón a aprender a interpretar un instrumento. Desde o luns 7 de abril, máis de 1.000 alumnas e alumnos de 24 centros escolares asistiron aos concertos dirixidos polos profesionais da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional.
xoves, 10 abr 2025
O alcalde explicou este xoves aos 40 alumnos de segundo da ESO do IES Castelao, que participan no programa educativo "Visita o teu Concello", a transcendencia de coñecer o funcionamento da administración municipal pola repercusión dos servizos que presta á cidadanía e polas numerosas decisións que se adoptan todos os días para mellorar a calidade de vida dos vigueses e viguesas. O estudantado percorre as principais dependencias municipais, desde o Salón de Plenos á sala de control de tráfico, entre outras dependencias.
xoves, 10 abr 2025
Abel Caballero trasladou hoxe aos 49 alumnos do Colexio San José de Cluny que percorren os principais escenarios da Reconquista de Vigo, dentro da actividade didáctica "Aventura no Vigo Vello", a valentía da cidadanía de 1809 ao enfrontarse ás tropas napoleónicas para recuperar o control da cidade e iniciar a expulsión definitiva das forzas napoleónicas. A iniciativa do Concello achegou a preto de 1.000 escolares de quinto e sexto de Primaria a un dos episodios máis transcendentes da historia da cidade conxugando as vertentes de aprendizaxe lúdica a través das recreacións dramatizadas.