Alumnado do CEIP Paraixal e Compañía de María percorren os escenarios da Reconquista con "Aventura no Vigo Vello"
Abel Caballero saudou este mércores aos 17 alumnos do CEIP Paraixal e aos 27 do Colexio Compañía de María María que participan no programa didáctico "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025" co que percorren os puntos estratéxicos da recuperación en 1809 de Vigo da ocupación das tropas napoleónicas. O alcalde animounos a interesarse por estudar a historia da cidade, especialmente de episodios de gran transcendencia como o inicio da Reconquista desde Vigo, así como a gozar do programa educativo creado polo Concello para potenciar o interese polos acontecementos ao redor da liberación da cidade das forzas militares do emperador francés.
