O servizo de Teleasistencia atendeu a 772 persoas en marzo
O alcalde avanzou este martes que o Servizo de Teleasistencia do Concello de Vigo atendeu a 772 persoas no pasado mes de marzo.

Abel Caballero lembrou hoxe que o promedio do perfil dos usuarios da teleasistencia municipal é unha muller con idades entre 86 e 90 anos que vive soa e conta con autonomía para afrontar labores máis importantes. “A teleasistencia dálle a seguridade de que en caso necesario alguén vai atendela”, recalcou o alcalde ao destacar que o servizo proporciona “unha gran tranquilidade a cada usuaria”.
O pasado mes de marzo, un total de 603 mulleres e 176 homes solicitaron a axuda da Teleasistencia. Do total de emerxencias atendidas o mes pasado, 123 foron de temas relacionados coa necesidade de asistencia sanitaria, ausencia de resposta ás probas que realiza o Concello para verificar a súa situación ou incidentes domésticos. A estas hai que sumar 332 activacións de alarmas sen emerxencias.
O Concello realizou 4.132 chamadas, das que 2.124 foron de seguimento semanal para manter unha atención continua de comunicación. O servizo contempla o envío dun menú especial nos aniversarios de cada usuaria para que o celebre.