Escoitar

O Concello publica o anuncio previo da licitación do servizo de transporte urbano

O Portal de Contratación do Estado publica o anuncio previo do expediente de contratación da prestación do servizo de transporte urbano da cidade cun valor estimado de 468 millóns de euros.

martes, 8 abr 2025

O alcalde informou este martes do novo trámite no proceso de contratación da prestación do servizo de transporte urbano de Vigo, para o que se establece un valor estimado de 468 millóns de euros e un prazo de execución de 9 anos, cunha prórroga dun ano máis. A previsión é que o novo contrato poida entrar en vigor o 1 de xaneiro de 2026.

“Confiamos que nesta licitación se mellore a calidade do servizo de bus urbano; confiamos nunha mellora substancial”, apuntou Caballero, explicando que a cidade é “difícil porque temos 70.000 persoas residindo en vivendas unifamiliares” no ámbito rural, algo que fai máis complexa a prestación do servizo. “Unha cidade máis compactada é máis fácil porque en cada parada sobe e baixa moita xente. En Vigo hai paradas que cada semana usan 2 ou 3 viaxeiros”.

Descargar todas as imaxes