Escoitar

Conexións Vigo 2025 leva a música á rúa con máis de 30 concertos

O alcalde presentou este luns a segunda edición do programa, organizado xunto á Fundación Mayeusis, que está conformado por máis de 30 actuacións en diferentes formatos que se celebrarán en case unha vintena de espazos da cidade.

luns, 7 abr 2025
Momento da presentación deste luns
Momento da presentación deste luns

“Un grande programa musical que vai inundar toda a cidade”, ata o mes de xuño, avanzou Abel Caballero, ao dar conta do programa Conexións Vigo 2025 que inclúe máis de trinta concertos de cámara, grupos, big band e corpo de baile que se celebrarán en diferentes espazos da cidade.

É segunda edición dun programa musical que converte a cidade nun escenario permanente, levando a música a diferentes espazos ao aire libre con concertos de diferentes programas musicais: clásico, folk tradicional, jazz, dixie e orquestra/grupos/Imaxine Jazz Orquestra.

Na presentación deste luns, o alcalde destacou que se trata dun “desenvolvemento cultural da maior importancia” que ocupará a cidade con música na rúa, o que permite “unha relación directa con quen escoita, que era a fórmula tradicional de facer música”.

Felipe Estévez Vila, presidente da Fundación MayeusisFelipe salientou que a novidade deste ano é a danza, xa que tódolos concertos contarán cun número de baile. A intención é “acariñar, humanizar a xente de Vigo, esa é a filosofía: abrazar a cidade”. Amais, o programa dá un salto internacional incorporando no peche un grupo de Costa de Marfil, “Vocal Eburnie”, no marco do III Econtro conexións, que se celebrará no García Barbón, e que ofrecerá tamén accións musicais na rúa entre o 24 e o 27 de xuño.

A rolda de prensa contou coa actuación musical de Luis Caballero Varona, chelista e colaborador do Programa CONEXIÓNS 2025 e o bailarín Juan Morente e estivo presente tamén Lucas Alonso Pérez, director do Conservatorio Mayeusis.

Os concertos celebraranse en case unha vintena de espazos diferentes da cidade: Paseo de Alfonso, Praza Independencia, Praza da Pedra, Praza Compostela, Mercados de Teis e O Calvario, Praia de Bouzas e Samil, Príncipe, Fortaleza do Castro, Villa Solita, Pazo Castrelos, Capela A Guía, Fundación Mayeusis, rúa Miragaia-Rosalía de Castro, Colexiata de Santa María, Baluarte do Diamante e Afundación.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes