Escoitar

Caballero felicita aos equipos sénior do Seis do Nadal de balonmán

O alcalde recibiu ás integrantes do equipo sénior de balonmán feminino Seis do Nadal que ascendeu de xeito directo á Primeira División Autonómica tras ser campioas de Liga. Tamén estiveron no Concello os membros do equipo masculino, campión da máxima categoría autonómica e da Copa Federación e que loitará por ascender a categoría Nacional. Abel Caballero felicitou ás xogadoras e xogadores e animounos a seguir medrando co deporte, co nome de Seis do Nadal de Coia e de Vigo. Os membros de ámbolos equipos recibiron unha medalla co seu nome serigrafiado como premio e recoñecemento aos seus logros.

luns, 7 abr 2025
Descargar todas as imaxes