Escoitar

Abel Caballero trasládalle á Deputación a necesidade de actualizar a súa achega ao Concello de Vigo

O alcalde enviou, no día de hoxe, unha carta ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López, solicitándolle a “actualización” da súa achega tendo en conta o IPC.

venres, 4 abr 2025

O Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra asinaron un convenio de cooperación no ano 2015, cando Carmela Silva era a presidenta do ente, mediante o cal a administración provincial se comprometía a achegar a Vigo 5 millóns de euros anuais para a execución de diferentes actuacións na cidade.

“Dende ese acordo pasaron 10 anos e nese tempo produciuse un incremento dos prezos e os custos das obras” explica o rexedor olívico, demandándolle “ao presidente da Deputación que se ten que incrementar o seu apoio dende os 5 millóns ata os 6.250.000 euros, tendo en conta o IPC”.

Abel Caballero aproveitou para recordar que “a terceira parte dos ingresos da Deputación veñen producidos pola poboación e a economía da cidade de Vigo”, unha circunstancia que debe considerarse á hora de actualizar a achega provincial. O alcalde enviou este venres unha misiva ao presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López.

Descargar todas as imaxes