Estudantado do IES Castelao achégase ao funcionamento do Concello
O alcalde explicou este xoves aos 40 alumnos de segundo da ESO do IES Castelao, que participan no programa educativo "Visita o teu Concello", a transcendencia de coñecer o funcionamento da administración municipal pola repercusión dos servizos que presta á cidadanía e polas numerosas decisións que se adoptan todos os días para mellorar a calidade de vida dos vigueses e viguesas. O estudantado percorre as principais dependencias municipais, desde o Salón de Plenos á sala de control de tráfico, entre outras dependencias.
