O alcalde pon en valor o traballo sindical no Congreso de UXT
O Verbum acolleu este xoves o 14º Congreso da Unión Comarcal de UGT Vigo onde arredor de 100 delegados elixen unha nova executiva. Abel Caballero saudou ás persoas participantes e chamou á “conciencia colectiva do que representamos a UGT” poñendo en valor o traballo do sindicato que “é máis necesario ca nunca ante a chegada do fascismo”, que volve estar presente nalgúns gobernos. Por iso, apuntou, que “estamos chamados a coller o mundo e trazalo coas bases dos homes e mulleres que traballan”.
