O rexedor recibe ao Club Freestyle Slalom Vigo

luns, 11 xul 2022

Unha representación da entidade visitou este luns as instalacións do Concello, onde foron recibidos por Abel Caballero, quen se interesou polo desenvolvemento da súa práctica deportiva que inclúe diferentes modalidades da patinaxe en liña. Amais, amosáronlle ao rexedor os galardóns acadados nas últimas competicións, con medallas en campionatos mundiais, europeos e españois.

Caballero garantiu o apoio municipal ao Seafest pola seu impacto económico na cidade

venres, 8 xul 2022

O alcalde de Vigo reiterou esta mañá na inauguración de Seafest “que falar de pesca en Vigo é falar de nós mesmos porque ninguén quere ao mar tanto como Vigo”. Durante a súa intervención, garantiu o apoio do goberno municipal a esta iniciativa pola súa transcendencia na economía local, lembrando que Vigo é o primeiro porto para consumo humano do mundo.