luns, 17 nov 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asistiu hoxe á presentación de sete novos vehículos cos que a empresa concesionaria Vitrasa contribuirá á renovación da súa flota.
venres, 14 nov 2003
O concelleiro de Vía Urbana, Miguel Barros, participará na reunión do VI Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico que se desenvolverá o luns 17 de novembro en Xixón. No encontro, estudiarase un documento de estratexia sobre a acción da Conferencia nos próximos dous anos, ademais de abordarse temas vencellados á política rexional europea, á axenda das distintas comisións que integran este organismo.
xoves, 13 nov 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, considera que a elección de Vigo como porto de saída da Volta ao Mundo de Vela merece que todos os grupos políticos e institucións relevantes da cidade unan as súas forzas para que Vigo sexa capaz de sacarlle o máximo proveito a este transcendental evento deportivo.
venres, 31 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asinou hoxe o convenio de colaboración coa Consellería de Educación para a execución das obras de construcción do centro público de Educación Primaria "Doutor Fleming". O documento, segundo o cal o Concello cederá Consellería unha parcela lindante co solar do colexio, permitirá o inicio das obras de remodelación do edificio, un dos colexios con máis alumnado de Vigo e un referente no ensino público na cidade pola súa localización e tradición.
venres, 31 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, ven de asinar un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Vigo en materia de actuacións na área de rehabilitación do Casco Vello de Vigo. O obxecto do convenio é establecer as bases de actuación conxunta e coordenada para rematar as actuacións da Área do Casco Vello de Vigo, que quedaron pendentes de realización do convenio que fora asinado en agosto de 2001 e que por falla de infraestructura administrativa non se puideron acometer.
xoves, 30 out 2003
O alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, avaliou a decisión do goberno luso de impulsar a posta en marcha do tren de alta velocidade con Galicia , e subliñou a importancia que suporá para a comarca de Vigo dispor dunha comunicación deste tipo. O alcalde facía estas manifestacións durante o acto de inauguración do certame multisectorial Vigofeira e do salón de Turismo Expogalaecia, que permanecerán abertos ao público ata o próximo domingo no Instituto Feiral de Vigo.
venres, 24 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, agradeceulle a súa "altruísta contribución para que esta cidade mellore" aos voluntarios da campaña contra a dobre fila impulsada polo Concello.
xoves, 23 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, visitou hoxe as obras de humanización de O Calvario para comprobar os resultados e o grado de aceptación veciñal que ten a peonalización da zona. Acompañado polo concelleiro de Tráfico e Vías e Obras, Xulio Calviño e Miguel Barros, respectivamente, e máis a presidenta da Asociación de Comerciantes de O Calvario, Encarna Álvarez, Pérez Mariño explicou que o último tramo das obras finalizou unha semana antes dos noventa días previstos inicialmente.<br />
martes, 21 out 2003
A concelleira de Goberno e voceira do grupo municipal do PSdG-PSOE, María Xosé Porteiro, deu a coñecer a resolución asinada o luns polo alcalde na que se deixa sen efecto as nominacións efectuadas a varias concellerías.
venres, 17 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, reunirase o luns día 20,con deputados de Pontevedra no Congreso para analizar as alternativas económicas que se recollen para a cidade no proxecto dos Presupostos Xerais do Estado.