Escoitar

Abel Caballero recibe o embaixador e o novo cónsul honorario de Alemaña

O alcalde, Abel Caballero, recibiu este venres o embaixador de Alemaña en España, Wolf-Ruthart Born, e o novo cónsul honorario do país xermano en Vigo, Rodolfo Hinrichs, con motivo da súa presentación. No encontro, o alcalde comprometeuse a asistir a unha reunión en Madrid con empresarios e representantes políticos e sociais alemáns para fortalecer as relacións entre Vigo e Alemaña.

venres, 4 abr 2008
1207312459alemans040408.jpg
Finalizada a reunión, Caballero salientou a "enorme atención" prestada por Wolf-Ruthart Born ao "desenvolvemento da economía de Vigo", tema que ocupou "o 80% da conversa", segundo sinalou. Daí o acordo ao que ambos chegaron para que se aborden nun encontro especial en Madrid as posibilidades dun reforzamento da presenza alemá en Vigo.

Aproveitando a presentación do novo cónsul honorario de Alemaña, Abel Caballero mostrou novamente o seu desexo de que Vigo sexa "referencia consular de Galicia", desexo "avalado", dixo, polo feito de que é a cidade olívica a que rexistra unha maior demanda de consulados por parte de estados europeos e americanos. Neste sentido, o alcalde afirmou ver con bos ollos a posibilidade de que todos os consulados estranxeiros en Galicia teñan a súa sede en Vigo.
Descargar todas as imaxes