Apertura de prazo para a concesión de subvencións 2008
As concellerías de Igualdade, Xuventude, Animación Sociocultural, Benestar Social, Normalización Lingüística, Deportes e Museo municipal "Quiñones de León" abren o prazo para a presentación de solicitudes a subvencións correspondentes ó 2008
IGUALDADE
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión estraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou, entre outros asuntos, a "A convocatoria específica da Concellaría de Igualdade para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas e actividades de promoción da muller realizadas durante o exercicio 2008" (BOP do día 2 de abril de 2008).
As bases desta convocatoria atópanse ao público na Oficina de Información do Concello.
Tal e como establece o apartado 2º da base sexta, "O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP)". O prazo para a presentación de solicitudes remata por tanto o 22 de abril".
XUVENTUDE
-Título: Convocatoria específica para a concesión de subvencións para o fomento de actividades xuvenís.
-Obxecto da convocatoria: Fomentar a participación xuvenil dos/das mozos/as dentro dos diferentes ámbitos sociais, facilitando o desenvolvemento de actividades promovidas por entidades e/ou grupos xuvenís.
-Destinatarios: - Asociacións e entidades sen ánimo de lucro específicamente xuvenís
- Outras entidades e/ou asociacións non específicamente xuvenís
- Grupos de mozos non constituidos como asociación
-Crédito da convocatoria: 12.000 €
-Publicación: BOP de 2 de abril de 2008
-Prazo: Ata o 2 de maio de 2008
ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL
Tras a publicación o 2 de abril de 2008 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 13 de marzo), ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2008.
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 3 ata o 22 de abril de 2008, ambos incluídos.
Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxina web (www.vigo.org) e no servizo de Animación sociocultural.
BENESTAR SOCIAL
Selección de persoal para o desenvolvemento da oficina de información e atención a emigrantes
Infórmase que a listaxe de admitidos/as e excluídos/as está publicada na páxina Web deste concello (no apartado de Ofertas de Emprego), e no taboleiro de anuncios. Os sucesivos anuncios serán, unicamente, publicados nos citados taboleiro e páxina Web.
A primeira proba, tipo test, será o vindeiro martes 8, no Museo Verbum de Samil, a partir das 10 horas.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
Obxecto: A subvención de actuacións cuxa finalidade principal é estender o uso social da lingua galega no ámbito territorial do Concello de Vigo.
Importe: 6000 euros
Publicado no BOP núm. 63 do mércores, 2 de abril de 2008 (páx. 29 e ss.)
Prazo límite de entrega de documentación: Martes, 22 de abril de 2008 (inclusive)
DEPORTES
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á actividade deportiva da tempada 2007/2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.00 "Subvención a clubes e entidades sen fin de lucro, un importe total de 569.000 euros (cincocentos sesenta e nove mil euros).
Esta convovatoria, como establece no seu artigo 2, está destinada a entidades deportivas sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos , co obxecto de fomentar o deporte e a práctica deportiva.
Tal como estabrece o artigo 6 das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 30 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no BOP, é dicir o 2 de maio de 2008.
As bases e os anexos desta convocatoria están na páxina Web do Concello, www.vigo.org
A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria do 13 de marzo de 2008, aprobou a "Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a organización de eventos e actividades deportivas durante o ano 2008" (BOP 2 de abril de 2008), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2008 con cargo á partida orzamentaria 4521.489.00.01 "Subvencións eventos deportivos", por un importe total de 130.000 euros (cento trinta mil euros).

As bases e os anexos desta convocatoria están na Web do Concello, www.vigo.org
MUSEO MUNICIPAL DE VIGO "QUIÑONES DE LEÓN"
A Xunta de Goberno Local na sesión extraordinaria e urxente do 13 de marzo de 2008 aprobou as bases da convocatoria de 4 bolsas: 1 de arte, 2 de arqueoloxía, 1 de acción didáctica.
As bases están na web do Museo (www.museodevigo.org), na web do Concello (www.vigo.org) e no Rexistro Xeral do Concello.
O prazo de presentación é ata o 15 de abril de 2008: 10 días hábiles dende a publicación no BOP (3 abril 2008).
O lugar de presentación é no Rexistro Xeral do Concello.