Escoitar

Presentado en Vigo o libro e dvd "A Volta dos nove. Arte e memoria"

A Casa Galega da Cultura de Vigo acolleu esta mañá a presentación do libro-cd "A Volta dos Nove. Arte e Memoria" impulsado polo Instituto de Estudos Miñoranos e que contou coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Vigo. A publicación lembra aos nove veciños do Val Miñor asasinados o 15 de outubro de 1936, na saída de Baiona cara a Baredo.

venres, 4 abr 2008
1207309290memoria.jpg
O libro é unha obra colectiva onde nove pintores, nove visións fotográficas e nove voces poéticas únense á obra musical de Antón Seoane na que a voz de Pilocha recupera textos de Méndez Ferrín e doutros poetas que participaron no acto que se celebrou ao abeiro do Barco da Memoria en Baiona en xullo de 2006.

No libro-cd-dvd ofrecese unha seitura realizada por preto de medio cento de persoas baixo a coordinación do Instituto de Estudos Miñoranos.

En outubro de 2005, sesenta e nove anos despois dos asasinatos, o Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión de Familiares promoveu a realización dunha homenaxe escultórica no mesmo lugar dos feitos coñecido como "A Volta dos Nove". A escultura á unha árbore fundida en bronce rodeada de loureiros.
Descargar todas as imaxes