Escoitar

O filme "Pradolongo" estrease en Vigo o 4 de abril

O filme 'Pradolongo' estréase en Vigo o venres 4 de abril, nos cines Gran Vía e Norte, e que presentaron hoxe en rolda de prensa o concelleiro de Cultura, Xesus López e o de Participación Cidadá, Santos Héctor.

xoves, 3 abr 2008
1207220739pradolongo.jpg
Pradolongo é un filme producido en Galiza e rodado en galego do director Ignacio Vilar. O filme está protagonizado por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto.

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven deteriorar a súa amizade a medida que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a súa maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas, tardes no río..., pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous raparigos comezan a sentir por Raquel e a posible venda, á pezarrera do pai de Armando, de Pradolongo, un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño, obrígaos a reconsiderar os soños e os vínculos que os mantiveron unidos desde a infancia.
1207220739pradolongo.jpg
1207222688pradolongo030408.jpg
Descargar todas as imaxes