Escoitar

A novena edición da Vig Bay celébrase este domingo 6 de abril, con máis de 2.660 participantes

Máis de 2.660 amantes do deporte sairán da praia de Samil o domingo 6 de abril, para participar na novena edición da media maratón Vig Bay, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, quen asegurou que un ano máis participará na proba."A Vig Bay ten gañado o prestixio dentro e fora de Galicia a base de moito traballo", subliñou.

mércores, 2 abr 2008
1207141668presvigbay.jpg

"Trátase dunha proba dura, pero a satisfacción de chegar a Baiona despois de percorrer a costa dende Vigo é enorme", salientou Xabier Alonso. O concelleira sinalou na súa intervención que moitas das persoas que participan no "Corre con Vigo", que ten lugar os luns, mércores e venres no parque de Castrelos, aproveitan o programa precisamente para prepara a Vig Bay. O concelleiro de Deportes agradeceu ademais o traballo desenvolvido polo directivo do grupo Vieira, Eduardo Vieira, no mantemento da proba durantes estes anos. Eduardo Vieira, na súa intervención salientou o paso dos 600 participantes na primeira edición aos case 2.700 nesta novena.

Como novidade nesta edición, os participantes portarán un brazalete no brazo para medir o seu consumo metabólico e así posteriormente elaborar a comparativa entre os datos dos corredores habituais e dos afeccionados menos preparados. Repartiranse un total de 12.500 euros en premios e haberá trofeos aos tres primeiros clasificados da clasificación xeral (homes e mulleres) e aos tres primeiros de cada categoría (homes e mulleres). Os dorsais poderanse recoller no Museo Verbum o sábado, 5 de abril, de 16 a 20 horas, e o propio domingo, 6 de abril, das 8:30 ás 9:30 horas.
Descargar todas as imaxes