Escoitar

O alcalde recibíu aos veciños do Calvario e da Miñoca

O alcalde, Abel Caballero, recibíu este venres na Alcaldía ás Asociacións de Veciños do Calvario e da Miñoca, no que lles explicou as actuacións municipais previstas para ambos barrios da cidade. Posteriormente, o alcalde mantivo unha reunión con representantes da organización dos segundos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros que se celebrarán en Pontevedra entre o 23 e o 29 de xuño.

venres, 25 abr 2008
1209128804caballerovecinoscalvario.jpg
Representantes veciñais do Calvario e da Miñoca
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu este venres aos representantes das Asociacións de Veciños do Calvario e da Miñoca, no que que lles fixo partícipes dos plans de mellora do goberno local para os seus barrios.

Con posterioridade a ambos encontros, Abel Caballero mantivo unha reunión con representantes da organización dos segundos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros, evento que terá lugar en Pontevedra na semana do 23 ao 29 de xuño deste ano, pero que estará presente noutras cidades no futuro.

Esta celebración supón todo un evento lúdico que invita á participación de toda a cidadanía, como así lle expuxeron ao alcalde. Os Xogos van máis aló do meramente deportivo para afectar a outras áreas que forman parte do día a día de todos os cidadáns.
1209128804caballerovecinoscalvario.jpg
1209128830caballeropoliciasbomberos.jpg
Descargar todas as imaxes