Escoitar

Fin de semana para a solidariedade con Intermón Oxfam na lonxa do Concello

Intermón Oxfam celebra este ano a 14ª edición de "Un día para a Esperanza", un acto festivo, solidario e de participación na que a cidadanía amosa a súa adhesión á causa polos pobos empobrecidos. En Vigo a festa celebrarase os días 26 e 27 de abril na Lonxa do Concello.

venres, 25 abr 2008
1209121763intermon.jpg
Este ano a festa estará dedicada á acción humanitaria, co lema " Ven. É unha emerxencia". O obxectivo último da axuda humanitaria é actuar rápida e eficazmente en situacións de emerxencia, catástrofes naturais ou conflictos bélicos, para salvar as vidas das persoas que as sofren e para que poidan , pasando o desastre, retomar a vida en condicións dignas.

A festa, que en Vigo se celebrará o sábado día 26 ( de 17:00 a 20:00) e o domingo 27 ( de 11:00 a 13:30) de abril, inclúe diferentes actividades lúdicas dirixidas a cada público que van desde xogos infantís a stans de información e mostras de productos de artesanía e alimentación de comercio xusto, ata actuacións musicais, teatrais e danza. O manifesto lerano Alfonso Eiré, conselleiro delegado de A Nosa Terra.


"Un día para a esperanza" é a única festa da solidariedade que se realiza en 47 cidades de España e Andorra e unha das de maior envergadura. Esta festa iniciouse en 1995 cunha participación de 20.000 persoas en 13 cidades españolas. Nesta edición, que conta coa axuda de máis de 3.000 voluntarios, esperase a participación de 250.000 asistentes.
Descargar todas as imaxes