Escoitar

Os espectáculos de maxia volven ao Auditorio Municipal co obra "Sonata máxica" de Javier Muro

Coa obra "Sonata máxica" de Javier Muro, volve o sábado, 26 de abril, os espectáculos de maxia ao Auditorio Municipal, no marco da programación estable de teatro para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, que terá lugar ás 18:00 horas, está dirixida a un público familiar.

venres, 25 abr 2008
1209125918sonatamaxica250408.jpg
"Sonata máxica" é un espectáculo máxico-musical no que os obxectos e os bonecos cobran vida e comezan a interactuar e a falar cos magos Javier Muro e Cyrille Sinclair, e dan paso a todo tipo de ilusións máxicas, que sorprenden polo seu amplo repertorio de xogos. Ademais, na representación destaca a participación dos rapaces en varios efectos, vestíndoos de magos e facendo eles mesmos a maxia.

As entradas, de 2 euros para os menores de doce anos e 3 euros para os maiores, pódense adquirir nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se todavía quedasen entradas, poden mercarse na propia taquilla do Auditorio.
Descargar todas as imaxes