xoves, 24 abril 2008

O alcalde explica á asociación de veciños de Teis os novos usos da ETEA

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado en Vigo da Zona Franca, Francisco López Peña, explicaron este xoves ao Presidente da A.VV. de Teis, Antonio Collazo, o convenio que abrirá toda a ETEA aos cidadáns e que convertirá a Vigo no "Centro de Investigación Marina e Oceanográfica máis importante de Europa". A sinatura contempla a edificación na zona de vivendas de protección oficial, e o alcalde desexa que "a finais do verán" unha parte das instalacións estén abertas ao público.

O venres saen á venda as entradas para o concerto que ofrecerá Bob Dylan en Vigo o 27 de xuño

xoves, 24 abr 2008

As 10.000 entradas para o concerto que ofrecerá Bob Dylan no Instituto Feiral de Vigo o 27 de xuño saerán o venres, día 25, a venda en Caixanova, no teléfono 902.504.500 e na web ww.caixanova.es, a un prezo de 35 euros cada unha, segundo anunciou este xoves o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Ademais, salientou que para o concerto de Lenny Kravitz, que terá lugar o 29 de maio tamén no IFEVI, xa se venderon en só unha semana 3.000 entradas das 10.000 postas á venda.

O programa de ocio Tardes e Noites Vivas da Concellaría de Xuventude do Concello de Vigo, acolle unha morea de xogos, dirixidos a mozos e mozas, na vindeira fin de semana

A xuventude en xogo nas "Tardes e Noites Vivas"

xoves, 24 abr 2008

Os mozos e mozas de Vigo teñen unha cita, na tarde-noite do venres e do sábado, cunha gran variedade de xogos repartidos por distintos puntos da cidade. Así pois, poderanse atopar dende xogos de rol ata unha xincana solidaria, pasando por xogos deportivos, outros baseados nas novas tecnoloxías ou espazos para xogar libremente.