Escoitar

A programación municipal de teatro para adultos continúa no Auditorio Municipal coa obra "E ti quen vés sendo?"

A obra "E tí, quen vés sendo?", de Cándido Pazó, e a escollida para continuar o xoves e venres a programación estable de teatro para adultos, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural para o primeiro semestre do 2008. Tamén neste caso será a compañía Talía Teatro a que representará a obra no Auditorio Municipal ás 21:00 horas. <br /> <br />

mércores, 23 abr 2008
1208951131102021203929921.jpg
As entradas, de 5 euros, xa están a venda nas instalacións da Central de Espectáculos (na rúa Velázquez Moreno, número 26) e por internet na web www.centralespectaculos.com. Unha hora antes do comezo do espectáculo, se todavía quedasen entradas, poden mercarse na propia taquilla do Auditorio.

"E ti, quen vés sendo?" é unha comedia baseada no clásico "O Anfitrión" de Plauto que achega as peripecias dos deuses gregos Xúpiter e Mercurio, que se fan pasar por Anfitrión e Sosia na busca do amor de Alcmena. Talía Teatro desenvolve esta obra contando cun fantástico elenco de actores e actrices galegas, entre os que se atopan Artur Trillo, Gustavo G. Dieste, Toño Casais e Xurxo Barcala, que interpretan a unha banda de persoas sen teito que se reúnen para realizar unha obra de teatro, concretamente unha versión da obra de Plauto nun albergue de acollida. Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida, presentándose como unha copia exacta de ti mesmo?

Talía Teatro, foi fundada por Artur Trillo no ano 1988 no Concello de Cee como grupo de teatro afeccionado vinculado á asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Monta O Rei Aborrecido, de Xesús Pisón, Aquí Non Paga Ninguén, de Darío Fo, O Crime de Aldea Vella, de Bernardo Santareno, Gaivotas Subterráneas, de Alfonso Vallejo, Ai, Carmela, de J. Sanchis Sinisterra, e Rezagados, de Ernesto Caballero. No ano 1996, despois de constatar a evolución da compañía e de recibir boas críticas e premios, decidiu dar o salto ao ámbito profisional montando A Secreta Obscenidade de Cada Día, de Marco A. de la Parra, Pedro e o Capitán, de Mario Benedetti, Retén, de Ernesto Caballero, Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra, Soños dun Sedutor, de Woody Allen, Menos Lobos, de Artur Trillo, Xustiza Infinita, de Cándido Pazó, Bicos con Lingua, de varios autores, A Paz do Crepúsculo, de Itziar Pascual, Eu Así Non Xogo, de Artur Trillo, e Mundos Contados, de Paula Carballeira, entre outros títulos.

O teatro para adultos continuará os días 8 e 9 de maio coa obra "O clube da calceta", a cargo da compañía Teatro do Morcego.
Descargar todas as imaxes