400 escolares montarán un puzzle xigante a prol dunha educación de calidade para todos
A Praza do Rei acollerá este mércores a Campaña "Pon a Túa Peza, Todas Contan", na que 400 alumnos de Vigo e alrededores elaborarán un puzzle xigante por mor da Semana de Acción Mundial pola Educación. O obxectivo é a mellora da educación e que ningún neno careza da mesma no ano 2015. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, colocará a última peza como símbolo do compromiso do Concello.
A Campaña "Pon a túa Peza, Todas Contan", posta en marcha por mor da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) e en colaboración coa Concellería de Educación do Concello de Vigo, culmina este mércores na Praza do Rei coa elaboración dun puzzle de 25 metros cadrados, na que participarán 400 escolares de Vigo e alrededores e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen será o encargado de colocar a última peza.
As ONGs organizadoras da SAME, que se celebra do 21 ao 28 deste mes de abril, distribuíron, coa colaboración da Concellería de Educación, unidades didácticas polos colexios de Vigo e alrededores co obxectivo de que os nenos traballasen coas mesmas e se concienciasen da necesidade dunha educación de calidade e para todos.
A Campaña tamén procura unha concienciación política, polo que solicitan dos Concellos o compromiso de incrementar ata o 0,7% as partidas orzamentarias destinadas á cooperación para o desenvolvemento. O alcalde, que se reuníu coa organización nas semanas anteriores, porá a última peza do puzzle, o que simboliza o compromiso do Concello de Vigo por unha educación de calidade e para todos.
A finalidade da Semana é conquerir que no 2015 ningún neno fique sin escolarizar, compromiso político acadado en Dakar no 2002. Desde entón, 40 millóns de nenos máis van a escola, pero "ainda que queda moito por facer", salientaban os organizadores. Acadar estes obxectivos permitirían rematar coa pobreza xa que "sen educación non hai desenvolvemento" e as opcións de abandoar a pobreza diminúen, afirmaba Francisco Vallverdú, da ONG Educación Sen Fronteiras e organizador da Campaña.
Descargar todas as imaxes