O Goberno Local licita ás obras de humanización do entorno do Calvario, Teis e Povisa
A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das obras de humanización das rúas Sagunto, Cataluña e León, o entorno do mercado de Teis, e das rúas Zaragoza, Barcelona, Zamora e Salamanca. Unha vez contratadas as obras, os prazos de execución oscilarán entre os 4 e os 6 meses. O Concello adica máis de 3,5 millóns de euros a estas melloras, un investimento que supera os 6,5 millóns de licitacións nas últimas tres semanas.
O goberno local aprobou este luns a licitación das obras de humanización dos entornos do Calvario, do mercado de Teis, e da zona de POVISA, actuacións que, unha vez contratadas, teñen un prazo de execución de entre 4 e 6 meses e un investimento de máis de 3,5 millóns de euros.
No entorno do Calvario se humanizarán as rúas Sagunto, cun investimento de 454.504 euros, e as rúas Cataluña e León (entre Urzáiz e Jenaro de la Fuente), cun importe conxunto de 486.047 euros. As tres contan cun prazo de execución de 4 meses. O entorno do mercado de Teis será humanizado nun prazo non superior aos 6 meses e o seu coste será de 333.200 euros, unha vez contratada a obra.
Pola súa banda, o entorno de POVISA, na súa primeira fase, suporá un investimento de 2.234.286 euros, e o seu prazo de execución será de 5 meses. As rúas a mellorar serán Zaragoza (entre Álvaro Cunqueiro e Tarragona), Salamanca (entre Pintor Colmeiro e Gran Vía) e as rúas Barcelona e Salamanca (ambas entre Regueiro e Tarragona).
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, salientou que, coas licitacións deste luns, o Concello dedica "o maior volume de contratación de obras de humanización na historia de Vigo", acadando un investimento de 6.737.472 euros, sumando as licitacións derivadas das tres últimas Xuntas de Goberno Local.
Recuperación de Santa Baia
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou a recuperación, o saneamento e mellora da accesibilidade do areal de Santa Baia, en Alcabre, para poñela a disposición dos usuarios. Polo acordo adoptado, o Concello pon a disposición do Servizo de Costas en Pontevedra do Ministerio de Medioambiente os terreos municipais afectados polo proxecto.