Escoitar

A Fundación Laxeiro e Caixanova convenian actividades con motivo do centenario do artista

A Fundación Laxeiro asinou un convenio de colaboración con Caixanova por importe de 40.000 euros, como contribución á realización das actividades conmemorativas do centenario do nacemento do artista.

luns, 21 abr 2008
1208778355imx522.jpg
As actividades articúlanse na investigación (coa edición, en setembro de 2008, do Catálogo Universal Razoado de Laxeiro); na divulgación (coa organización de actividades para escolares e adultos ó redor da figura do artista de Lalín) e na programación (coa organización de exposicións que afondarán en diferentes aspectos da figura e a obra do pintor galego).

Destacan neste apartado a exposición "Laxeiro, debuxos inéditos VI. Anatomías" que estes días se pode ver na sede a Fundación Laxeiro; a exposición de "Laxeiro informalista" que se poderá ver no Museo do Pobo galego, en Santiago de Compostela nos meses de xullo e agosto; ou a mostra "Laxeiro e a vangarda histórica galega", que se poderá ver no último trimestre no Museo de Pontevedra, ademais da exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de Postguerra" que se inaugurará no mes de xullo na planta baixa da Casa das artes.

A colaboración de Caixanova coa Fundación Laxeiro comezou coa andadura da Fundación e posibilitou , entre outras actuacións, a restauración da Colección permanente en 2001, a organización de 16 exposicións antolóxicas de Laxeiro, noutros tantos concellos de Galicia, durante os anos 2001 e 2002, a realización da exposición antolóxica de Laxeiro en 2003 no Centro Atlántico de Arte Moderno, en Las Palmas de Gran Canaria, ademais de apoiar o conxunto de actividades levadas a cabo pola Fundación Laxeiro.
Descargar todas as imaxes