Inaugurada na lonxa do Concello a exposición "120 anos do ciclismo galego"
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou esta mañá a exposición fotográfica "120 anos de ciclismo galego" na lonxa do Concello, acompañado polo recentemente gañador da Volta a Turquia, o corredor do Karpin Galicia, David García. <br />
Este foi o primeiro acto do programa de divulgación e promoción "Ciclismo no meu concello", iniciativa da Fundación Ciclismo Galego / Karpin Galicia en colaboración coa Dirección Xeral para o Deporte, a Federación Galega e neste caso concreto concello de Vigo e clubs ciclistas da cidade.
A mostra, que permanecerá na lonxa do Concello ata o 30 de abril, recolle a historia do ciclismo galego desde que Vigo acolleu a primeira competición oficial en Galicia no ano 1887 ata o momento actual. A exposición "120 anos de ciclismo galego" complemántase coa actividade "Circuíto de ciclismo escolar", que desde o pasado mes de novembro vén realizando un percorrido itinerante por distintos municipios galegos.
Xa pola tarde, os ciclistas do Karpin Galicia Ramón Troncoso e Gustavo Domínguez dirixiron na Praza do Rei unha sesión de promoción ciclista para nenos e nenas de 6 a 14 anos.
Descargar todas as imaxes