Xabier Alonso salienta o traballo desenvolvido polo clube de Xadrez da Universidade de Vigo, campión universitario galego
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu este martes na Casa do Concello ao clube de Xadrez Universitario de Vigo, e durante o acto salientou o éxito acadado polo equipo, que vén de proclamarse campión universitario galego. Na recepción, o concelleiro obsequiou aos integrantes do clube e así mesmo á vicerreitora de Extensión Cultural, María Carmen Cabeza, que tamén participou na recepción, coas camisetas da Universiada.
Xabier Alonso e María Carmen Cabeza subliñaron nas súas respectivas intervencións a importancia de "traballar coa canteira", coa que o Concello e a Universidade están "moi involucrados". Ao respecto, o responsable do Clube de Xadrez Universitario de Vigo, Roberto Páramo, agradeceu as palabras do concelleiro e da vicerreitora e explicou que traballando a base "podemos igualar as forzas e competir con outros equipos que teñen agora que replantexarse as súas estratexias". Na súa intervención tivo tamén palabras de felicitación para o representante do Concello e da Universidade "por traballar xuntos de cara á consecución de que Vigo poda acoller a Universiada 2013".
No transcurso do acto, o concelleiro de Deportes obsequiou aos integrantes do Clube Xadrez Universitario de Vigo e á propia vicerreitora de Extensión Cultural das camisetas da Universiada. Neste sentido, o edil nacionalista manifestou que nos coarenta anos que leva desenvolvendo a súa actividade política e deportiva "nunca vivín un evento que aglutinara a tanta xente como a que está traballando pola candidatura de Vigo".
Xabier Alonso adiantou, ademais, que xa se está a traballar na programación das Escolas Deportivas para o curso 2008/2009, que contará con novos deportes, entre os que figuran o xadrez, dirixido a adultos. "Deste xeito moita xente atopará un espazo para practicar a súa afición", salientou o concelleiro de Deportes.
Descargar todas as imaxes