Escoitar

O Festival de Jazz Imaxina Sons volve a Vigo do 26 de xuño ao 6 de xullo e celebra o 25 aniversario de Clunia

A celebración do 25 aniversario de Clunia Jazz é un dos pratos fortes que este ano presenta o Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons 2008, segundo anunciou esta mañá o concelleiro de Cultura, Xesus López. O edil do BNG salientou na súa intervención, que se desenvolverá en defierentes espazos da cidade e desenvolverá diversas actividades paralelas, que Imaxina Sons "xa é un festival de obrigada referenza no panorama musical europeo que non só dedica especial atencións as propostas europeas, senón tamén as galegas".

mércores, 23 abr 2008
1208955769ploterimaxina.jpg
"Imaxina Sons estase consolidando absolutamente e ano a ano é máis coñecido non só no ámbito estatal, polo que debe ter un longo percorrido por diante", subliñou Xesus López, na presentación do certame, na que tamén participaron o director artístico do festival, Baldo Martínez, a delegada de Cultura da Xunta na provincia de Pontevedra, María Xesús López Escudeiro, e María Pereira, en representación de Caixanova, quenes felicitaron á organización do festival e en concreto ao concelleiro de Cultura polas propostas que ofrece o festival na edición deste ano.

O concerto inaugural, que celebrará o 25 aniversario de Clunia Jazz, terá lugar o xoves, 26 de xuño, no Centro Cultural Caixanova. Tamén neste espazo celebrarase a actuación de Wayne Shorter Quarter, o día 29 de xuño, e o concerto de clausura do festival, o día 6 de xullo, que correrá a cargo de Atomic/ School Days con Ken Vandermark. No Conservatorio Superior de Música terán lugar as actuacións de Lucía Martínez Cuarteto, o 27 de xuño; Marcelino Galán Zinco, Simoni Guiducci Gramelot Ensemble, o 28 de xuño; e Enrico Rava Quinteto, o 29 de xuño. No salón de actos do Marco terán lugar os concertos solistas de Américo Rodrigues o 30 de xuño; Antonio Bravo, o 1 de xuño; e Barry Guy, o 2 de xullo. No Auditorio Municipal actuarán Stefano Bollani, o 3 de xullo; Barry Guy New Orquestra, o 4 de xullo; Markus Stockhausen e Stefano Scodanibbio, o 5 de xullo; e Javier Vercher Sextet, o 6 de xullo.

As entradas poden mercarse na web www.caixanova.es e no teléfono 902.504.500. Os abonos para os tres concertos do Centro Cultural Caixanova poden adquirirse do 24 de abril ao 31 de maio. O prezo en butaca é de 30,60 euros; en primeiro anfiteatro, 28,050 euros; en segundo anfiteatro, 25,50 euros; e en terceiro anfiteatro, 22,95 euros. A venda de entradas individuais para os concertos que se celebren en Caixanova e o auditorio do Concello poderanse mercar a partir do 2 de xuño e as entradas para os concertos solistas no MARCO poderçan adquirirse na taquilla os días de concerto.
Descargar todas as imaxes