Escoitar

O barco escola da Marina Naval Italiana chegará a vigo o 20 de xuño

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo na mañá do mércores un encontro co corresponsal consular de Italia, Francesco Milani. Ademais de presentar ao rexedor as súas credenciais, Milani solicitou do Concello de Vigo o seu apoio nos actos que se organicen por mor da chegada do Barco Escola italiano.

mércores, 23 abr 2008
1208953877consulitalia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibíu este mércores ao corresponsar consular de Italia, Francesco Milani, no que solicitou o apoio do Concello de Vigo nos actos que se celebren por mor da chegada á cidade o 20 de xuño do Barco Escola da Marina Naval Italiana.

Francesco Milani trasmitíu ao alcalde a súa vontade de contar coa cooperación municipal nos eventos que se organicen en torno ao Barco Escola, e específicamente coa presenza do alcalde nos mesmos. Na reunión deste mércores, Milani presentou asemade as súas credenciais ao alcalde.
Descargar todas as imaxes