Escoitar

O Goberno Local rubrica o seu compromiso coa educación universal dos países do sur

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto coas concelleiras de Educación, Laura López, e Benestar Social, María Méndez, colocaron e asinaron a última peza do puzzle xigante, simbolo do compromiso municipal coa educación dos países empobrecidos. Preto de 400 escolares de Vigo e comarca participaron na composición da Campaña "Pon a túa Peza, Todas Contan", organizada por mor da Semana de Acción Mundial pola Educación.

mércores, 23 abr 2008
1208953947puzle.jpg
A Campaña "Pon a túa Peza, Todas Contan", posta en marcha por mor da Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) en colaboración co Concello de Vigo, culminou este mércores coa elaboración dun puzzle xigante na Praza do Rei. Preto de 400 alumnos de escolas de Vigo e comarca participaron na composición, finalizada coa peza que colocou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polas concelleiras de Educación, Laura López, e Benestar Social, María Méndez.

Os representantes municipais asinaron a peza que completou o puzzle, simbolizando o compromiso adquirido polo Concello de Vigo cunha educación básica de calidade e para todos. A sinatura refrenda a intención de incrementar as partidas orzamentarias para a cooperación ao desenvolvemento ata acadar o 0,7%. Esta iniciativa tivo lugar ao mesmo tempo nos municipios de A Coruña e Santiago de Compostela.

A colocación do puzzle pon o punto e final á Campaña, que comezou coa distribución de unidades didácticas polos centros educativos, para o que a organización contou coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Vigo. Os rapaces traballaron cos materiais, esforzo que tivo o seu reflexo na personalización de cadansúa peza do puzzle.
1208953947puzle.jpg
1208953960puzzle1.jpg
Descargar todas as imaxes