O proxectos de infraestruturas da Universiada se apoian no realismo e no respecto polo medio ambiente
Logo do éxito acadado coa explicación da candidatura viguesa aos membros da Comisión Avaliadora da Federación Internacional de Deportes Universitarios (FISU), o tenente de alcalde, Santiago Domínguez, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixeron público o proxecto da cidade, unha proposta "realista, respectuosa con medio ambiente e sen obras faraónicas" para que o legado en infraestruturas poida ser "empregado no futuro por todas e todos".
O tenente de alcalde adiantou ademais o calendario de celebración proposto para o evento, xa que a FISU establece un período a elixir por cada cidade de xuño a setembro. A opción de Vigo comezaría o 17 de xullo coa apertura da Vila Universitaria, malia que o día grande se establece o 25 de xullo, coa cerimonia inaugural. A Universiada de Vigo prolongarase ata o 6 de agosto. Ademais da importancia e significado do 25 de xullo en España, as datas están avaladas con estudos meteorolóxicos que garanten as óptimas condicións atmosféricas para os deportistas.
Con respecto á Cidade do Deporte, que estará situada en Valadares, Santi Domínguez salientou que o proxecto, eleaborado polo estudo de arquitetura Naos, foi deseñado para preservar os enclaves das vivendas existentes á vez que reúne as condicións necesarias para a Universiada. Por outra banda, a execución desta dotación deportiva de 90.000 metros cadrados guíase por criterios de desenvolvemento sostible e respecto polo medio ambiente. O tenente de alcalde fixo referencia ao novo Pavillón Polideportivo, con capacidade para 7.000 espectadores e previsto para acoller as finais de baloncesto e voleibol no evento. Tamén quixo destacar a piscina olímpica, que disporá dun vaso a maiores para a competición de saltos.
O reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, foi o encargado de presentar a Vila Universitaria, unha infraestrutura que pretende transformarse noutro gran legado da 27 Universiada de Verán 2013. Gago valorou a proposta de Vigo como "elegante e discreta" ante a petición da propia Universidade de Vigo por manter a estética da zona coa incorporación de novas dotacións. A Vila, que ocupará unha superficie de 175.000 metros cadrados, está concibida para acoller aos deportistas en óptimas condicións de confort residencial. Nesta visión inicial están previstas 25.000 vivendas distribuídas en 17 bloques de baixa altura dispostos linealmente e graduados en función da pendente do terreo. Cada vivenda terá catro prazas e tras a celebración da Universiada estes módulos habitacionais pasarán a ser vivendas para xoves, para o persoal da Universidade de Vigo, así como para acoller aos deportistas de futuros eventos na cidade.
Finalmente, o tenente de alcalde explicou o orzamento previsto para a Universiada, remarcando a diferenza entre a dotación organizativa e a referida ás instalacións. A primeira será de 43.900.000, e engloba, entre outros moitos aspectos, a Universiada Cultural prevista para o ano anterior e os sistemas de información e tecnoloxía, así como a seguridade ou o transporte. No capítulo de las instalacións, a construción da Vila Universitaria suporá 310.000 euros e a remodelación das instalacións deportivas terá un orzamento de 135.850 euros. En total serán 500 millóns de euros repartidos en cinco anos e a aportar entre as diferentes Administracións públicas, apoios e compromisos cos que xa conta a Universiada.
Descargar todas as imaxes