Corina Porro aposta polo traslado das dependencias da alcaldía ó edificio Cambón<br />

martes, 23 dec 2003

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, solicitou á Xunta de Galicia a cesión do edificio Cambón, emprazado en pleno Casco Vello vigués, para ser ocupado pola Casa do Concello, e instalar alí a Alcaldía. Nun encontro que mantivo esta mañá co presidente da Xunta, a alcaldesa adiantoulle que desde o novo equipo de Goberno municipal tense pensado reorganiza-lo propio concello vigués, xa que na actualidade se vén xestionando do mesmo xeito que hai vinte anos. A xuízo da rexedora olívica, é preciso "facer unha aposta pola modernización, eficacia, eficiencia e polos controles de calidade" e iso implica "unha remodelación do propio edificio e dos espacios municipais".

A iluminación de nadal amplíase as rotondas

luns, 22 dec 2003

A Alcaldía decidiu a ampliación do alumeado de Nadal en vintecinco rotondas e glorietas da cidade. A actuación realizase a proposta do departamento municipal de Vías e Obras e consiste na instalación de mangueiras de cor branco nos bordes das circunferencias das rotondas.

O Goberno encarga a Zona Franca un estudio sobre a recuperación do borde litoral

venres, 19 dec 2003

A alcaldesa, Corina Porro, anunciou hoxe que o Goberno encargou a Zona Franca a elaboración dun estudio sobre a recuperación do borde litoral de Vigo no que se defina a relación entre o Porto e a cidade. Corina Porro deu conta desta decisión tras un encontro que mantivo co presidente da Autoridade Portuaria, Julio Pedrosa, e sinalou que este estudio podería estar rematado no prazo de dous meses.

O Concello apoia a creación da cidade textil

mércores, 17 dec 2003

A alcaldesa, Corina Porro, salientou hoxe a importancia de que Vigo lidere o sector do textil e se convirta nun dos eixes máis importantes de Galicia-Norte de Portugal. Durante un encontro coa asociación Texvigo, que integra a 45 empresas do sector do textil e que presentou á alcaldesa o seu proxecto para a futura cidade textil, Corina Porro amosou o compromiso do Concello para facilitar e axilizar o tódolos trámites para que a cidade textil sexa, no menor tempo posible, unha realidade.

A alcaldesa recibe a Rafael Louzán

luns, 15 dec 2003

A alcaldesa Corina Porro recibiu ao presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán , agradecéndolle á dedicación que o organismo provincial amosou coa cidade de Vigo dende o primeiro día.

Corina Porro anunciou a asignación das áreas de xestión do goberno

luns, 15 dec 2003

A alcaldesa, Corina Porro, presentou as áreas de xestión goberno municipal e das concellerías de distrito. O Novo goberno estará conformado en seis áreas de xestión que asumen os concelleiros José Manuel Figueroa, Javier Guerra, Lucía Molares, Antonio Coello, Ignacio López Chaves e Jose Manuel Iglesias. O goberno tamén terá tres concellerías de distrito que ocuparán Marisol Polo, José Manuel Couto e Carlos Comesaña.