Corina Porro e Xosé Manuel Barreiro asinaron hoxe o protocolo de colaboración para desenvolve-las actuacións, coas que remata o saneamento da cidade
martes, 10 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, asinaron hoxe o protocolo de colaboración para levar a cabo as obras de saneamento das parroquias de Zamáns e Valladares. O proxecto conta cun orzamento total de 5.999.588 euros, que será financiado pola Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Vigo, e coa súa execución rematase co saneamento da cidade.
martes, 10 feb 2004
A alcaldesa Corina Porro e a concelleira da Muller, Lucía Molares participarán nos coloquios que se celebrarán no "Primeiro foro de mulleres no século XXI" que organiza a Asociación Provincial de Mulleres Empresarias de Pontevedra os días 19 e 20 de febreiro no centro Cultural Caixanova.
venres, 6 feb 2004
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, manifestou hoxe que conxugar a cidade industrial coa de servicios "supón unha peza fundamental para continuar crecendo" e engadiu que, nesta visión global de cidade, o proxecto para a construcción do novo peirao de transatlánticos "conxuga á perfección estes dous axiomas: servicios e crecemento".
xoves, 5 feb 2004
A asociación de mulleres "Diálogos 90" entregará os premios "Galegas destacadas 2003",no transcurso dunha recepción oficial que se celebrará o sábado 7 de febreiro ás 13:00 nas dependencias da Alcaldía. No acto tamén entregarase a medalla da Asociación Concepción Areal e unha placa conmemorativa do Concello á Marcha Mundial das Mulleres.
mércores, 4 feb 2004
Corina Porro comprometeuse cos representantes da asociación Feaps Special Olympics a face-las xestións necesarias para que Vigo poda acoller, nun prazo aproximado de dous anos, a celebración dun campionato nacional de Special Olympics dalgunha modalidade deportiva na que participen persoas con discapacidade.
martes, 3 feb 2004
O Concello substituirá as tuberías de fibrocemento de xeito paralelo á mellora dos firmes das distintas rúas. A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, encargou un informe ós técnicos municipais para medir os parámetros de calidade da rede de abastecemento de auga e anunciou que o Concello actuará, a medida que se melloren os firmes das rúas, na substitución da rede de tuberías de fibrocemento, que na cidade representan 140 quilómetros dos mais de 1.000 quilómetros de tuberías.<br />
luns, 2 feb 2004
A alcaldesa Corina Porro ven de mandar unha carta ao director xeral de Fondos Comunitarios e Financiamento Territorial do Ministerio de Facenda na que lle comunica que o Goberno Municipal de Vigo decidiu solicitar da Unión Europea cofinanciación no marco do Fondo de Cohesión para a execución do proxecto técnico de ampliación do saneamento da parroquia de Zamáns, dentro da convocatoria do período 2000-2006.
luns, 2 feb 2004
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe inicialmente o PEPRI Casco Vello e o seu catálogo anexo, segundo a documentación redactada pola empresa Consultora Galega S.L. e asinado polo arquitecto César Portela.
luns, 2 feb 2004
A alcaldesa, Corina Porro, manifestou hoxe tra-la reunión do padroado do IFEVI, na que se ratificou a contratación da execución das obras de ampliación do recinto feiral de Cotogrande, que a ampliación do Ifevi convertirá ó recinto feiral nunha das mellores instalacións de España.
xoves, 29 xan 2004
A alcaldesa, Corina Porro e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, asinaron un protocolo de colaboraración para executar o proxecto de desodorización, a nave de transferencia e mailo pozo de lodos na EDAR , situada na marxe esquerda da desembocadura do río Lagares.