Pinturas de Antonio Quesada inauguran as exposicións na alcaldía<br />
Este xoves inaugurouse a Alcaldía como espazo aberto "para difundir a arte" con obras do prestixioso pintor Antonio Quesada. As súas salas, ata o despacho do alcalde, serán empregadas desde hoxe para "combinar a política e a arte", subliñou Abel Caballero, con mostras periódicas tanto de recoñecidos artistas como de pintores noveis.
O alcalde e Antonio Quesada inauguraron hoxe xoves MOSTRARTE, coa presenza de medio centenar de persoas da cultura viguesa e membros da Corporación, unha exposición de obras do afamado pintor que emprega as dependencias de Alcaldía como sede da mostra.
A Alcaldía comeza desde este xoves a utilizarse como "espazo aberto para difundir a arte", xa que os despachos son centro e lugar de paso de moitas persoas cada día, argumentou o alcalde. Polo seu prestixio e ligazón con Vigo e pola súa calidade profesional e persoal, Antonio Quesada foi escollido para dar comezo á iniciativa do uso de espazos públicos como sala para "combinar a política e a arte", unha idea copiada de Felipe González, como comentou o propio Abel Caballero. MOSTRARTE albergará tanto a afamados artistas como a noveis.
O rexedor manifestou a súa vontade de que "o que hoxe iniciamos se converta en tradición" e incluso apuntou a que a idea se exporte a outros ámbitos públicos de Galicia. A mostra, que representa para o alcalde que "as portas do Concello están abertas á cidade", foi cualificada por Abel Caballero de "excepcional" e de "extraordinaria calidade", polo que "a Alcaldía se honra" de albergala.
O artista, pola súa banda, expresou o seu "agradecemento" ao alcalde pola invitación e agradeceu a colaboración dos "expertos", o tamén prestixioso pintor vigués Mingos Teixeira e á súa familia, colaboradores na organización da mostra. Quesada incluso fixo incluso sorrir á concorrencia sinalando que a mostra "quedou mellor do que agardaba".
Descargar todas as imaxes