Escoitar

Urbanismo aproba un plan de inspección para actuar de "motu propio" contra as ilegalidades

A Xerencia de Urbanismo deste xoves aprobou a posta en marcha dun Plan para "actuar contra as ilegalidades urbanísticas", informou o alcalde, para facer cumplir as sancións. Dez inspectores do Concello, de motu propio, vixiarán o litoral, as zonas verdes e calquera actuación urbanística ilegal, e farán un seguimento e control da súa tramitación e resolución ata a clausura do expediente.

xoves, 3 xul 2008
O alcalde informou este xoves da aprobación do Plan de Inspección Urbanística polo que os 10 inspectores da Xerencia de Urbanismo municipal velarán pola legalidade urbanística da cidade, mediante inspeccións, control e seguimento dos expedientes ata a súa resolución.

"A época na que non se executaban as sancións terminou" sentenciou o alcalde. O Plan que se aprobou hoxe xoves "se marca obxectivos e prioridades" . Desde agora, as inspeccións se farán de motu propio, sen necesidade de mediar denuncia, como ata o de agora, e contarán cunhas liñas de investigación delimitadas. Se vixiarán zonas verdes e o litoral, e calquera infracción urbanística na cidade.

Abel Caballero adiantou asemade que se realizará un seguimento das licencias outorgadas polo Concello, para comprobar que os traballos se adecúan ao permitido por Urbanismo. Mediante informes os inspectores manterán ao día á Xerencia de Urbanismo, e tamén se efectuarán inspeccións en expedientes de execución e de ruína, como dous ámbitos separados, para confirmar a súa conclusión.

A este respecto, o alcalde informou que Urbanismo conta con máis de 7.000 expedientes abertos de ilegalidades urbanísticas desde o ano 2000. "Hai que actuar nas ilegalidades e pechar os expedientes", aseverou Abel Caballero, cunha mensaxe clara para os cidadáns: o novo Plan Xeral ofrece "posibilidades extraordinarias", pero "imos esixir que se cumpran" os expedientes contra as ilegalidades urbanísticas.