O alcalde recibe ao novo delegado para Galicia do pobo saharaui
O novo delegado, Ahmedu Mojtar, está a realizar unha ronda de contactos por toda Galicia e hoxe luns mantivo un encontro co alcalde vigués, Abel Caballero. Este ano, 76 nenos saharauis de entre 7 e 12 anos serán recibidos por unha familia de acollida de Vigo, cidade onde estarán os vindeiros dous meses. O rexedor adiantou que ofrecerá unha recepción aos rapaces e ás súas novas familias.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu hoxe luns ao novo delegado para Galicia do pobo saharaui, Ahmedu Mojtar, que está a realizar unha ronda de contactos polos municipios de Galicia.
Este verán, un total de 76 rapaces de idades comprendidas entre os 7 e os 12 anos chegarán a Vigo, onde pasarán dous meses cunha familia de acollida. O de Vigo é o grupo de nenos máis significativo que acolle unha cidade en Galicia, motivo polo que o delegado mostrou o seu recoñecemento aos vigueses.
En Galicia serán 846 os rapaces que pasen o verán coas súas familias de acollida. O día 10 chegarán en torno a 350 persoas, e os días 11 e 12, 250 máis respectivamente. Deste total, case medio millar repiten, pois xa estiveron en Galicia o pasado ano.
Abel Caballero, pola súa parte, ofreceu ao delegado cooperación institucional e a vontade de manter o compromiso do Concello cunha causa como o apoio aos nenos saharauis. Ademais, o alcalde adiantou que ofrecerá, cando os rapaces xa estean coas súas familias adoptivas, unha recepción a todos eles.
Descargar todas as imaxes