Escoitar

A Policia Local adquire un inspector para medir a contaminación acústica dos vehículos

O "inspector de ruidos de vehículos", operativo a vindeira semana, mide automáticamente os niveis sonoros dos vehículos a motor a través dun micrófono e identificando á vez as revolucións por minuto do motor, co obxectivo de dar cumprimento á nova ordenanza municipal de ruidos. Este sinxelo sistema permite a medición a realice un único operario.

venres, 4 xul 2008
1215175837signature.jpg
A Policía Local de Vigo, tal e como anunciou onte xoves o alcalde, contará desde a próxima semana co "inspector de ruídos de vehículos", un mecanismo que medirá automáticamente o nivel acústico dos vehículos a motor co que o goberno loitará polo cumprimento da nova ordenanza municipal de ruídos.

O "inspector" é un sistema "todo en un", xa que mide os parámetros sonoros e, á vez, as revolucións por minuto do motor a partir do tubo de escape. Ambas se computan co mesmo micrófono incorporado do aparato, e a pantalla do equipo mostra toda a información necesaria para a medición conforme á lexislación vixente.

O sistema permite realizar as medicións tanto a vehículos en movemento, cando se cumpran unhas características especiais para a comprobación, como parados.
Descargar todas as imaxes