O alcalde ofrece á Axencia de Pesca o apoio do Concello en Santiago e en Madrid
Este martes comezou a actividade dos 41 funcionarios da Axencia Comunitaria de Control da Pesca en Vigo, e o alcalde recibiu hoxe martes ao seu director, Harm Coster, na Alcaldía para mostrarlle o apoio do Concello na posta en marcha e desenvolvemento da súa actividade e nas relacións da entidade coa Xunta de Galicia e o Goberno de España, segundo informou Abel Caballero.
O alcalde de Vigo e o director da Axencia Comunitaria de Control da Pesca mantiveron este martes un encontro por mor do primeiro día de traballo da entidade en Vigo, no que Abel Caballero transmitiu o seu apoio á entidade nas súas actividades e nas intermediacións que precisen cos gobernos autonómico e central.
O alcalde, en comparecencia de prensa, deulles a benvida, mostrouse "satisfeito" da reunión e afirmou que "Vigo está moi orgullosa" de recibir á Axencia que actuará para a defensa do sector pesqueiro europeo desde a cidade. O alcalde lles desexou "a mellor andadura posible" en Vigo.
Harm Coster, pola súa banda, manifestou estar "contento" por comezar o traballo na cidade e augurou que "os funcionarios se integrarán ben" en Vigo. Desde hoxe traballan 41 persoas na Axencia, que se ampliarán a 50 a finais de ano e que no próximo 2009 alcanzarán os 65 integrantes.
A entidade, informou o seu director, ten o papel de coordinar as inspeccións pesqueiras de todos os estados membros da Unión Europea, e adiantou que será moi importante, tamén para Vigo, controlar as importacións ilegais que poidan acabar coa rendibilidade do sector.
Descargar todas as imaxes